Escoitar

O alcalde afirma que "temos que seguir buscando espazos" para os colectivos que os necesitan

O alcalde, Abel Caballero, visitou este mércores o Centro Cívico do Casco Vello para coñecer de primeira man o estado das dependencias que alberga e as necesidades das asociacións que teñen nel a súa sede. Neste sentido, Caballero afirmou que "temos que seguir buscando espazos" para algunhas destas entidades.

mércores, 26 mar 2008
1206538299centrocivico260308b.jpg
Na súa visita, que efectuou acompañado polo concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, o alcalde constatou a existencia de "colectivos que necesitan espazos". En relación a este problema, Caballero engadiu que o Concello ten unha lista de máis de cen entidades de todo Vigo que necesitan locais máis amplos para poderen levar a cabo as súas actividades con maior eficacia.

No caso do Centro Cívico do Casco Vello, dada a notoria escasez de espazo dalgúns locais, o alcalde puido comprobar que "hai xente que está moi ben e outra que non", se ben "teñen todo moi arranxado e moi coidado".

O Centro Cívico do Casco Vello acolle as sedes da Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello, a Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Atraso Mental de Galicia (FADEMGA), a Asociación Galega de Lupus (AGAL), a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Galicia (AFAGA), a Asociación de Comerciantes e Hosteleiros de Vigo ‘Vigo Vello’ e o Centro de Atención Municipal (CAM). Ademais, o Centro Cívico do Casco Vello conta cun salón de actos, unha sala de reunións e unha aula de formación.
1206538299centrocivico260308b.jpg
1206538312centrocivico260308c.jpg
1206538325centrocivico260308e.jpg
Descargar todas as imaxes