Día Mundial do Teatro 2008 en Vigo
A Escola Municipal de Teatro programa para o mércores día 26 os actos conmemorativos do Día Mundial do Teatro co lectura dun manifesto do director canadense Robert Lepage e varias representacións dos alumnos da escola. Os actos terán lugar ás 19 horas no auditorio Monte da Mina de Castrelos.
![1206450837teatro.jpg 1206450837teatro.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1206450837teatro.jpg)
Os alumnos da Escola Municipal de Teatro amosarán representacións do taller de teatro para nenos; taller de teatro en inglés para xente moza e diversas improvisacións dos alumnos do taller de teatro para adultos.
Na actualidade están matriculadas na Escola Municipal de Teatro 90 persoas , de idades a partir dos 6 anos.
O Día Mundial do Teatro celebrase o 27 de marzo desde 1961. Tratase dunha iniciativa do Instituto Internacional del Teatro (ITI), organismo dependente da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura - UNESCO.
Descargar todas as imaxes