Educación presenta novas unidades didácticas para o coñecemento da cidade
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, ven de presentar as unidades didácticas editadas polo seu departamento municipal " Construíndo unha cidade" e "Xacementos arqueolóxicos" co fin de reforzar o coñecemento de Vigo coa axuda de materias informativos e gráficos.
A unidade didáctica " Construíndo unha cidade" permite coñecer ao alumnado do 3º Ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato a historia e o proceso de transformación da arquitectura e urbanismo da cidade dende a antigüidade ata converterse na actual urbe do século XXI, a través dos bloques temáticos: Vigo na antigüidade; de vila a cidade (séculos XIII-XIX); Vigo entre dous séculos (XIX-XX) e Vigo hoxe.
A unidade didáctica "Xacementos Arqueolóxicos" amosa algúns dos xacementos ou depósitos arqueolóxicos máis salientables da arqueoloxía galega sitos no termo municipal de Vigo como : as mámoas de Candeán; o petroglifo de Pedra Moura; o castro de Punta Muíño e a vila romana de Toralla. Con esta unidade didáctica tentase fomentar o interese polo patrimonio arqueolóxico ó alumnado do 2º ciclo da ESO e Bacharelato.
O servizo de Educación editou un total de 2.000 exemplares da devanditas unidades didácticas con un custe de 11.122,08 euros.
Descargar todas as imaxes