Concello e Vitrasa acordan potenciar o bus turístico na temporada de verán
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o director da concesionaria de transporte urbano Vitrasa, Juan Carlos Villarino, acordaron potenciar o autobús turístico e "incorporar novidades de cara á nova tempada de verán", segundo acordouse na reunión que mantiveron hoxe en dependencias da Tenencia de Alcaldía. Entre as novidades figura a posibilidade de que este servizo poda ser utilizado por grupos organizados.
"A entrevista estivo centrada nos temas turísticos", salientou o tenente de alcalde, quen engadiu que no encontro trataron a cuestión de como atender o fluxo de pasaxeiros que chega Vigo nos cruceiros. Precisamente este ano a cidade de Vigo batirá o seu propio récord, ao ter previsto recibir máis de 200.000 cruceiristas nos 114 trasatlánticos que atracarán no porto vigués ao longo do ano. Neste sentido, o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo considera que é preciso ofrecer a mellor atención posible aos visitantes que chegan á cidade.
Co obxectivo de que Vigo conte con novos atractivos para os turistas, Santi Domínguez comentou tamén a posibilidade de contar cun tren turístico, de xeito que se ampliaría "os modos de visitar a cidade" e sinalou que nas próximas semanas manterán unha reunión para profundizar nestas cuestións.
Descargar todas as imaxes