Rotary Internacional celebra esta fin de semana en Vigo a súa asemblea anual
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibíu este xoves ao gobernador de Rotary Internacional en Galicia, José María Díaz Torres, quen lle explicou o conxunto de actividades programadas co gallo da asemblea anual desta entidade, que ten lugar esta fin de semana en Vigo.
O gobernador de Rotary Club Internacional para Galicia, Asturias, Castela e León e Castela-A Mancha, Canarias, Estremadura e Madrid, José María Díaz Torres, explicou este xoves ao alcalde o conxunto de actividades programadas con motivo da asemblea anual que a entidade celebra en Vigo esta fin de semana.
As sesións de traballo da asemblea desenvolveranse no Centro Social Caixanova e os aspectos protocolarios e representativos da cidade contarán co escenario do Pazo Quiñones de León. Díaz Torres avanzou ao alcalde que ademais se contemplan desprazamentos a lugares singulares do contorno próximo vigués, como o monte de Santa Tegra, na Guarda.
Vigo será a cidade de acollida desta asemblea, que reunirá 54 clubes rotarios de Asturias, Castela-A Mancha, Castela e León, Canarias, Estremadura, Madrid e Galicia, que aúnan máis de 1.200 socios activos. O evento contará coa presenza de 250 persoas. Alcalde e gobernador coincidiron en salientar que esta é unha magnífica ocasión para promocionar e dar a coñecer a nosa cidade.
Rotary Internaciona
Rotary é unha asociación internacional de líderes empresariais e profesionais que proporcionan servizo humanitario, promoven a posta en práctica de elevadas normas de ética en toda ocupación e contribúen ao desenvolvemento da boa vontade e a paz no mundo. Existen máis de 30.000 clubes rotarios con 1.200.000 socios en preto de 160 países.
Descargar todas as imaxes