Máis de 7.000 persoas visitaron a exposición "Admirar o tempo", que se clausura este domingo
O vindeiro domingo 16 de setembro pechará as súas portas a exposición de reloxos antigos "Admirar o tempo", que reúne 21 pezas dos séculos XVIII, XIX e XX. Desde o pasado 13 de xuño máis de 7.000 persoas visitaron o Museo de Castrelos para contemplar esta mostra.
Os reloxos, que proceden fundamentalmente do legado que José Policarpo Sanz deixou á cidade, conforman un conxunto breve pero excepcional pola súa indubidable calidade e valor artístico. O museo acometeu este ano a súa restauración e posta en funcionamento, así como o seu estudo e catalogación.
Con este motivo, os mencionados reloxos expóñense ao público acompañados doutras meritorias pezas procedentes de institucións e coleccións de ámbito galego, que colaboraron con este proxecto do museo de Vigo. Xunto ás admirables realizacións dos obradoiros europeos dos séculos XVIII, XIX e XX, poderemos apreciar as que neses séculos xurdían das hábiles mans e dos coñecementos técnicos dos máis prestixiosos reloxeiros galegos. A exposición permite afondar no significado e interpretación dos reloxos como obxectos ornamentais nos que se unen a beleza e a tecnoloxía.
Os organizadores da mostra consideraron que nesta pequena homenaxe á arte da reloxería non podía faltar un dos seus grandes artífices en Vigo, Evangelino Taboada. Da súa mestría dá fe o reloxo mecánico do Instituto Santa Irene, edificio emblemático do noso patrimonio cultural, que coas súas badaladas acompaña o inicio de cada novo ano.
Polas súas características formais, os reloxos reunidos en "Admirar o tempo" transmiten a mensaxe estética de maneira inmediata, polo que o enfoque da narración se sitúa entre o puramente estético e o didáctico. Deste xeito, aínda que a mostra estea dominada pola presentación dos obxectos, o seu fío condutor descansa na exposición razoada dos contidos. Dentro do relato xeral, establécense puntualmente breves secuencias descriptivas en obxectos significativos, para satisfacer o público interesado en "saber máis".
Na planta baixa do pazo, e contando coas súas instalacións, as obras preséntanse agrupadas segundo as súas características formais e decorativas, incorporándose á exposición permanente cos recursos ambientais existentes.
Xunto aos reloxos do Museo procedentes do legado de Policarpo Sanz, móstranse 16 obras destacadas do Museo de Pontevedra, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán, Colección de Reloxos do Concello da Coruña, Museo Basilio Sobrecueva (Cangas de Onís) e diversos coleccionistas privados.
A exposición pódese visitar ata este domingo 16 de setembro nos seguintes horarios: o venres e o sábado, de 17.00 a 20.00 horas, e o mesmo domingo, de 10.00 a 13.30.
A partir do martes 18 o Museo de Castrelos acollerá outra exposición, desta vez coa flor da camelia como protagonista a través dos lenzos do pintor vigués Álex Vázquez.