Peche ao tráfico da rúa San Xosé
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de urbanización, a realizar pola empresa PROMOCIONES VIVEN-PLAZA, estará pechada ao tráfico a rúa San Xosé, treito entre as rúas Pino e Travesía de Vigo, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 17 de setembro de 2007 ás 10:00 horas e por un período aproximado de catro semanas.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.