Escoitar

O Concello acepta a titularidade de dous viais do Plan Parcial de Navia

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou aceptar por unanimidade este xoves a cesión da titularidade de dous terreos, de 4.700 e 9.090 m2, correspondentes a senllos viais do Plan Parcial de Navia.

xoves, 13 set 2007
1189675102xeren060907.jpg
Polo mesmo acordo, o Consello da Xerencia decidiu aceptar a urbanización destes dous viais, así como entender por recibidas totalmente as obras de urbanización de catro rúas e outros dous viais de acceso ao Segundo Cinto.

Ademais, o Consello deu o seu visto bo por unanimidade á aprobación definitiva do proxecto de urbanización do PERI IV 09 Baixada a San Roque.

Así mesmo, PP, PSdeG-PSOE e BNG acordaron facer figurar no proxecto de equidistribución do polígono 28 do PERI do Calvario a cifra de 291 m2 en lugar da de 252 m2 iniciais para reflectir a superficie real da súa parcela "I".

Informe de Medio Ambiente

Finalizado o Consello, o alcalde, Abel Caballero, informou os medios de comunicación de que o Concello recibiu na mañá deste xoves o informe da Consellería de Medio Ambiente que establece a excepcionalidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal na aplicación da Lei de Avaliación Estratéxica Ambiental. Deste xeito, o PXOM "pode seguir o seu camiño", sinalou Caballero.
Descargar todas as imaxes