As novidades da XER aplicaranse de xeito gradual
A aplicación das novidades incluídas na nova concesión do servizo público de estacionamento XER será gradual, segundo adiantou este martes o concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Xulio Calviño. A principal acción neste sentido consistirá na instalación de 40 novos expendedores a partir da primeira semana de novembro.
O servizo público de estacionamento foi adxudicado á empresa Dornier o pasado 23 de maio, pero que non foi ata este luns 10 de setembro cando o Goberno local decidiu desestimar os recursos de reposición presentados por Estacionamientos y Servicios, API Conservación e Setex Aparki. O concelleiro indicou que con esta decisión o Goberno municipal quixo "defender os intereses do Concello" no relativo ao número de expendedores establecido na adxudicación.
Calviño explicou que o prego de condicións contemplaba unha distancia máxima de 50 metros desde calquera praza de aparcamento da zona azul ao expendedor máis próximo, o que facía necesaria a colocación por parte da nova concesionaria dun total de 40 expendedores novos. O cumprimento desta condición foi esixido polo Concello e asumido por Dornier como paso previo á confirmación da adxudicación o pasado luns.
Xulio Calviño aclarou que a implantación das novidades incluídas na concesión será gradual, e que como parte deste proceso os 40 novos expendedores se instalarán a partir da primeira semana de novembro. Esta cifra virase sumar á de 108, máis sete en stock, actualmente a disposición da empresa concesionaria despois da súa reversión ao Concello.
A colocación de novos expendedores acompañarase dunha campaña informativa nas mesmas datas, xa que, en palabras do concelleiro, "non ten sentido facela nestes intres cando o que hai é unha continuidade".
Outras medidas contempladas na nova concesión son as relativas á aplicación das novas tecnoloxías, entre as que se incluirán o pagamento con tarxeta, o rexistro de matrícula mediante teclado e a posta en marcha dun teléfono de atención ao usuario e dunha páxina web da empresa concesionaria.
Descargar todas as imaxes