Escoitar

O alcalde e o delegado da Zona Franca mostran a súa vontade de cooperación

O alcalde, Abel Caballero, mantivo este martes a súa primeira reunión oficial no Concello co delegado da Zona Franca, Francisco López Peña. Tras o encontro ambos manifestaron a súa vontade de cooperación en proxectos comúns como a Cidade do Mar e unha serie de convenios para incluír no próximo Plan Xeral de Ordenación Municipal.

martes, 11 set 2007
1189515520zonafranca110907.jpg
En relación á Cidade do Mar, Caballero anunciou que o Concello e Zona Franca acordaron comezar a estudar conxuntamente a redacción dun convenio que marcará as pautas deste futuro espazo no que se prevé reunir aspectos como o deporte, o ocio, a investigación, os usos terciarios e as edificacións residenciais. A redacción deste convenio, segundo adiantou o alcalde, "non vai levar máis que un mes".

Ademais, Caballero e López Peña pasaron revista a un conxunto de convenios "necesarios" para a aprobación definitiva do Plan Xeral. Son os da Cidade do Frío, Guixar, Balaídos e a ampliación do Parque Tecnolóxico. Caballero sinalou a "substancial coincidencia" en canto ao desenvolvemento destes acordos por parte do Concello e da Zona Franca, cuxos técnicos, indicou, comezarán a reunirse proximamente a tal fin.
Descargar todas as imaxes