Gestibérica-Breogán, prato forte do Cidade de Vigo de Baloncesto
O Trofeo Cidade de Vigo de Baloncesto celebra este mércores no Pavillón de Deportes das Travesas a súa terceira edición, coa presenza de catro dos conxuntos máis destacados de Galicia: o Breogán de Lugo (LEB ouro), o Gestibérica Vigo (LEB Bronce) e o seu filial na categoría autonómica, xunto co Universidade de Vigo, tamén da liga autonómica.
O primeiro partido será o que disputarán a partir das 18.30 os dous equipos desta categoría, o Universidade de Vigo e o Gestibérica. Pola súa parte, o Gestibérica da LEB Bronce medirase co Breogán de Lugo a partir das 21.00 horas, no que o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, cualificou este luns durante a presentación do torneo como "o mellor partido de baloncesto que se pode ver hoxe en Galicia con equipos galegos".
A asistencia a estes dous partidos será gratuíta para os nenos e nenas menores de 12 anos. Os que superen esta idade deberán aboar unha entrada única que lles permitirá ver os dous encontros, por un prezo de 2 euros.
Descargar todas as imaxes