O Concello destinará 467.000 euros ao programa educativo "Vigo por dentro"
O Concello vai destinar 467.000 euros á contratación, por un período de dous anos, dos servizos do programa educativo "Vigo por dentro". Este programa consiste, principalmente, na realización de visitas didácticas guiadas para escolares de centros de ensino vigueses.
Para desenvolver esta iniciativa, o Concello ten que contratar o transporte e a monitoraxe do alumnado, así como a elaboración e edición de materiais didácticos en diversos soportes. Ademais, é necesario coordinar este operativo cos centros de ensino adheridos ao programa e coas entidades que se visitarán dentro del. Os pregos tipo de cláusulas administrativas particulares para a contratación destes servizos foron aprobados este luns pola Xunta de Goberno Local.
XER e aparcadoiros
Por outra parte, a Xunta de Goberno desestimou tres recursos de reposición presentados contra a adxudicación da xestión do servizo público de estacionamento XER á empresa Dornier. Os recursos foron presentados por Estacionamientos y Servicios, API Conservación e Setex Aparki. Finalmente, a Xunta de Goberno decidiu non modificar o seu acordo do 23 de maio pasado, reafirmando, deste xeito, a contratación de Dornier para a prestación deste servizo.
Tamén foron destestimados os recursos de reposición presentados pola UTE Aparkvigo e por Estacionamientos y Servicios contra o acordo da Xunta de Goberno do 21 de maio no que se adxudicaban os seis novos aparcadoiros subterráneos do Areal, Pintor Colmeiro e Policarpo Sanz (lote 1) e Castelao, Genaro de la Fuente e Rosalía de Castro (lote 2).
O prazo da concesión destes seis aparcadoiros é de 50 anos desde a súa posta en servizo e os seus prezos de execución son de 34,2 millóns de euros para o lote 1, adxudicado á UTE formada por Eloymar e Tranvías Eléctricos de Vigo, e de 37,2 millóns para o lote 2, adxudicado a Puentes y Calzadas Grupo de Empresas.
Descargar todas as imaxes