Esta fin de semana CastroConcerto por partida dobre
Os CastroConcertos chegan á recta final da súa edición 2007, ofrecendo todavía máis música en directo. Esta fin de semana a mocidade viguesa poderá desfrutar de dous concertos gratuítos ao ar libre.
![1189165562Cimg1886.jpg 1189165562Cimg1886.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1189165562Cimg1886.jpg)
O venres 7 de setembro o rock de Exile tomará o escenario do Parque de O Castro, e o sábado 8 serán as actuacións dos grupos Dixie Town co seu intenso blues rock e os rockeiros de Korea Dogfood as que fagan vibrar aos asistentes.
Ambas citas terán lugar no escenario ao aire libre situado ao carón da pista de bicicletas no Parque de O Castro, a partires das 22:30h. A entrada é libre e gratuíta.
O pasado sábado 1 de setembro, o CastroConcerto a cargo dos grupos Porko Jones (metal), Orfhica (metal) e Xtres (trash), contaba coa asistencia de 70 persoas.
A axenda completa de todos os castroconcertos até o mes de setembro, podese consultar na páxina web do "Súbete ó Castro" en: www.xuventudevigo.org/cibercastro
Os CastroConcertos son unha iniciativa do Programa de Lecer Xuvenil Alternativo "Súbete ó Castro" dependente da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo.
Ambas citas terán lugar no escenario ao aire libre situado ao carón da pista de bicicletas no Parque de O Castro, a partires das 22:30h. A entrada é libre e gratuíta.
O pasado sábado 1 de setembro, o CastroConcerto a cargo dos grupos Porko Jones (metal), Orfhica (metal) e Xtres (trash), contaba coa asistencia de 70 persoas.
A axenda completa de todos os castroconcertos até o mes de setembro, podese consultar na páxina web do "Súbete ó Castro" en: www.xuventudevigo.org/cibercastro
Os CastroConcertos son unha iniciativa do Programa de Lecer Xuvenil Alternativo "Súbete ó Castro" dependente da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo.
![1189165562Cimg1886.jpg 1189165562Cimg1886.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1189165562Cimg1886.jpg)
![1189165597Cimg1896.jpg 1189165597Cimg1896.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1189165597Cimg1896.jpg)