Escoitar
Educación

Matrícula na Escola municipal de Teatro<br /> Curso 2007-08

Comunícase que dende o 10 ao 21 de setembro queda aberto o prazo de inscrición para os cursos da Escola municipal de Teatro 2007-2008.<br /> As prazas son limitadas e serán concedidad por rigorosa orde de inscrición.

venres, 7 set 2007
1189165157escolateatro.jpeg
O impreso de solicitude facilitarase nas novas dependencias do Servizo de Educación do Concello de Vigo, sito na rúa Oporto nº 1 (antigo Rectorado) entre as 09.00 e 13.30 h. de luns a venres, na na propia escola, de 17.30 a 20.00h. Ou consultando o vínculo da Escola Municipal de Teatro existente na páxina web municipal www.vigo.org.

A formalización da matrícula realizarase entre os días 26 ao 28 de setembro de 2007 nas dependencias do Concello de Vigo, Departamento de Tesourería, onde se facilitará o recibo para o pago das taxas.

A información sobre os cursos na Escola municipal de Teatro (Monte da Mina,16) Tlfno. e Fax: 986 48 53 24. Correo electrónico: em.teatro@vigo.org.

CENTROS E CURSOS PREVISTOS

- CEIP "MESTRES GOLDAR" CASTRELOS (Costa nº 4)
Curso de 12-17 anos (luns/mércores de 18,30 a 20,00 h.) Id. Galego

- EEI "VILLALAURA" (Camiño Regueiro nº 1 interior)
Curso de 6-12 anos (martes/xoves de 16.00 a 17.30 h.) Id. Galego
Curso de 12-17 anos (martes/xoves de 18.00 a 19.30 h.)
Curso de 12-17 anos (luns/mércores de 18.00 a 19.30 h.) Inglés

- EMT EN MONTE DA MINA-CASTRELOS (Monte da Mina nº 16)
Curso maiores 18 anos
(luns/mércores de 18.30 a 20.00 h.)Id. Galego
Curso maiores de 18 anos (luns/mércores de 20.15 a 21.45 h.)
Descargar todas as imaxes