Escoitar

O MARCO prorroga a exposición "Retratos doutro século"

A exposición "Retratos doutro século", que tiña previsto clausurarse o domingo día 9 de setembro, permanecera aberta ao público até o domingo 23 de setembro na sala de exposicións do primeiro andar do MARCO e no seu horario habitual, de martes a sábados de 11:00 a 21:00 horas (festivos incluídos) e os domingos de 11:00 a 15:00 horas.<br />

luns, 10 set 2007
"Retratos doutro Século", unha mostra que inclúe unha selección de 36 fotografías procedentes dos fondos da Colección Fotográfica do Concello de Vigo e que se atopa en depósito no MARCO dende o ano 2003, prorrógase até o domingo 23 de setembro no seu horario habitual.

Esta Colección Fotografica do Concello de Vigo supón un importante arquivo que permite analizar algúns dos momentos clave da historia da fotografía. Neste achegamento aos fondos da Colección, proponse un percorrido polo século XX a partir dunha selección de retratos; un dos primeiros xéneros cos que experimenta a fotografía e que evoluciona paralelamente ao desenvolvemento da técnica.