Escoitar

Preto de 11.000 nenos e nenas comezan as clases

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, asistiron este mércores a inauguración do curso escolar 2007/2008 de tres centros educativos de Vigo: Colexio Público Balaídos, Colexio Público Monte da Guía e Escuelas Nieto.

mércores, 12 set 2007
1189598997inauguracioncurso120907.jpg
Durante o transcurso deste verán se fixéron moitos esforzos para que os colexios públicos estiveran a punto para o inicio, este mércores, do curso escolar 2007-2008, e segundo salientou a concelleira de Educación, Laura López Atrio, o esforzo mereceu a pena, posto que todos os centros comezarán coas súas remodelacións rematadas.

Ao redor de 11.000 nenos e nenas, de cero a doce anos, comezarán un novo curso repartidos entre os 60 centros públicos de Vigo, dos cales 46 son de educación infantil e primaria e só 14 están adicados únicamente a educación infantil. Isto supón un incremento do alumnado con respecto ao curso anterior de preto dun dous por cento.

Unha das novidades máis significativas deste curso 2007-2008 é a implantación de seis horas adicionais de inglés en todos os centros públicos, para todos aqueles nenos e nenas que queran perfeccionar o idioma. As clases impartiranse nos propios centros escolares polas tardes, como actividade extraescolar, por profesores nativos e con experiencia educativa.

Por outra banda, no presente curso, o funcionamento dos comedores escolares arrincará o primeiro día de clase en todos aqueles centros que ofrezan este servizo, a diferencia doutros anos que non comezaba até o mes de outubro. Ademáis, outra novidade destacable, é a figura do acompañante escolar nas rutas de autocares, posto que este ano existe esta figura no 100% das rutas.
1189598997inauguracioncurso120907.jpg
11895990172inauguracioncurso120907.jpg
Descargar todas as imaxes