Escoitar

A Bilblioteca Central presenta as súas actividades para setembro

Teatro, contacontos, bailes e xogos para nenos, visitas para adultos e formación de usuarios, entre outras actividades, forman o programa da Biblioteca Pública Central para este mes de setembro.

xoves, 13 set 2007
1189682570biblioteca.jpeg
As actividades da biblioteca diríxense especialmente aos máis pequenos
Visitas escolares (dende 3 anos)

A partir de outubro, os martes, mércores e xoves, de 10.30 a 12.00 horas.

Biblioteca infantil-xuvenil (Para pedir cita chamar ao 986 229 074 e preguntar por Rosa).

Actividades para rapaces

125 ANOS DE TEATRO EN GALEGO

O venres 21 ás 19.00 horas, coa representación de "¡Un conto que nin pintado!", a cargo de Berrobambán (para maiores de 4 anos). Prégase puntualidade.

OS SÁBADOS, CONTO

Sábado 8, ás 12.00 horas: "De Team-Marín", con Soledad Felloza. De 3 a 10 anos.

Sábado 15, ás 12.00 horas: "Contamos todos 2", con Osvaldo Digón. Para todos os públicos.

Sábado 22, ás 12.00 horas: "Había unha vez", con Pavís-Pavós. A partir de 4 anos.

Sábado 29, ás 12.00 horas: "A galiña Pitusa", con Fátima. De 5 a 10 anos.

A BIBLIOTECA DOS PEQUENOS

Actividades para nenos e nenas de 18 meses a tres anos. Xoves alternos, ás 18.30 horas.

Xoves 6: "Contos da Duende Sicolina" (contacontos de educación en valores).

Xoves 20: "Bailes do mundo" (bailes e xogos con música).

Outras actividades

- Visitas guiadas para adultos, os luns ás 10.00 e ás 16.00 horas. Inscrición na recepción da biblioteca.

- Formación de usuarios, para aprender a manexarse e a buscar información na biblioteca.

- Consultas de bases de datos (en CD-Rom, en liña): Ardán, Westlaw, Ocenet, Espasa, etc.

- Acceso a Internet gratuíto (só se precisa ser socio da biblioteca).

- Servizo de desideratas (se a biblioteca non ten o libro que busca o usuario, este pode solicitar a súa compra).
Descargar todas as imaxes