"Vigo a escena" segue levando o teatro aos barrios en abril
"Vigo a escena" continúa levando aos barrios a arte das compañías de teatro locais con dez novas representacións para públicos adulto e familiar durante este mes de abril. A primeira delas, a cargo de Máscara Produccións, terá lugar o xoves no Auditorio do Concello.
Será o xoves 12, o venres 13 e o sábado 14, a partir das 20.30 horas, cando Máscara Produccións represente no Auditorio Municipal a obra "Asalto de Cama", para público adulto. Escrita por Juan Luis Mira e gañadora do premio "Tricicle, Por Humor al Arte" é unha comedia sobre a guerra de sexos con comparacións puxilísticas, que será interpretada por María Álvares, Marco Álvarez, Verónica Codesido, Xerome Calero e Pablo Puga.
O mesmo sábado 14, o local da Asociación de Veciños "Emilio Crespo" de Navia acollerá, ás 19.30 horas, a representación da obra para público familiar "O Rei dos mares", a cargo de Thepinga Teatro. Este espectáculo para nenos e nenas a partir de 5 anos narra as aventuras de Quintiño, un rapaz que entra no mundo dos soños para navegar polo océano da imaxinación.
Tamén o sábado 14, pero desta vez no local da Asociación Veciñal "San Mamede" de Zamáns, a partir das 21.00 horas, a compañía Sísifo Teatro representará "O bico da muller araña", versión teatral da obra do arxentino Manuel Puig que narra a relación entre dous presos que comparten unha cela na Arxentina da dictadura.
Spaguetti Títeres traerá o seu espectáculo para público familiar "Cinco historias para unha man", ao salón de actos do Real Club Náutico o sábado 21 ás 19.30 horas e á Asociación de Veciños Parada-Maceiriña o domingo 22 ás 18.00 horas. O programa de abril de "Vigo a escena" para as familias completarase o mesmo domingo a partir das 12.00 horas no Liceo de Bouzas, con "Carlota e Marieta van en avioneta", de A Loca Motora.
As últimas representacións do mes correrán a cargo de Teatro Avento, coa obra para público adulto "Monstros", situada nun castelo abandonado dalgún lugar de Europa do Leste onde un grupo de monstros levan centos de anos vivindo. Os habitantes do castelo, saídos de épocas pasadas e retirados do oficio de asustar, deciden ocupar a mansión despois de seren expulsados dos seus espazos naturais. Teatro Avento ofrecerá dúas funcións desta obra, a primeira no local da Asociación de Veciños San Miguel de Coia o domingo 22 a partir das 19.00 horas, e a segunda no Centro Cívico de Teis, o domingo 29 a partir das 19.00 horas.
A entrada é libre en todas as funcións do programa de "Vigo a escena", excepto as que teñen lugar no Auditorio Municipal, que custan 5 euros.
Descargar todas as imaxes