O Centro de Día da Cruz Vermella atenderá a 50 persoas
Carmen Colmeiro, presidenta da Cruz Vermella en Galicia, ven de comunicar a alcaldesa a próxima ampliación do Centro de Día que alberga o hospital da Cruz Vermella en Vigo, que se ubicará nas instalacións ocupadas polo centro de diálisis e que pasará de atender ás 25 persoas actuais a atender a 50 persoas, cedendo algunhas desas prazas ao Concello de Vigo.
A presidenta deste organismo e a alcaldesa confían en que a ampliación deste centro de día, que corre a cargo da Cruz Vermella, será moi beneficiosa para a cidade.
Descargar todas as imaxes