"Conta con Elas" convoca axudas para empresas innovadoras
O Proxecto "Conta con Elas" outorgará axudas desde 2.000 ata 3.500 euros para a creación de dez empresas innovadoras constituídas ou dirixidas maioritariamente por mulleres no territorio da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Esta acción será executada pola Universidade de Vigo, entidade que forma parte da Agrupación de Desenvolvemento do Proxecto.
O obxecto da convocatoria Emprende-Innova é seleccionar dez empresas e apoiar a súa posta en marcha. As destinatarias son mulleres que traballan en sectores nos que a presenza en postos de dirección ou como empresarias é inferior ao promedio. Emprende-Innova tamén se dirixe a empresas que teñan un carácter innovador.
A axuda é para os gastos de constitución (escritura pública, IAE, lanzamento, xestoría etc.), para os gastos de inicio e posta en marcha (compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local, man de obra empregada na reforma ou adecuación do local e maquinaria, publicidade, elaboración páxina web e subministros), para os gastos de contratación de servizos alleos (asesoramento en materia socio-laboral e xestión de contabilidade) e para o investimento inicial para apoiar a creación de empresas innovadoras no territorio da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.
A convocatoria Emprende-Innova realizarase en dúas partes. O prazo para presentar proxectos á primeira finaliza o 10 de maio, e para optar á segunda poderanse presentar iniciativas ata o 1 de xuño. Mediante cada unha destas convocatorias outorgaranse cinco axudas: unha de 3.500 euros, outra de 2.500 e tres de 2.000.
Esta iniciativa foi presentada hoxe martes pola concelleira da Muller, Lucía Molares, e o vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area.
O Proxecto "Conta con Elas" enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través da sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para corrixir a segregación horizontal e vertical no traballo. O orzamento do proxecto, preto dos tres millóns de euros, é un dos máis altos de España.
Descargar todas as imaxes