A Comisión Delegada de Infraestruturas do Eixo Atlántico reunirase en Ourense
A Comisión Delegada de Infraestruturas do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular reunirase no Salón Nobre do Concello de Ourense mañá mércores ás 10.30 horas, para aprobar o seu Mapa de Infraestruturas actualizado.
Este documento, presentado á Asemblea Xeral do Eixo Atlántico no pasado mes de febreiro, revisa o grao de execución do mapa aprobado no ano 2000, para ser posteriormente remitido aos gobernos coa intención de presionar para o seu cumprimento.
Entre as prioridades do Eixo Atlántico no ámbito da intermodalidade está a vertebración dun sistema interior de transporte ferroviario, así como a posible creación dun Consorcio Transfronteirizo de Transportes como instrumento para promover a mobilidade dos cidadáns da Eurorrexión.
Os profesores Miguel A. Bugarín e Antonio Babo, responsables do traballo, presentarán un primeiro documento para o seu debate por parte dos representantes políticos das cidades.