Escoitar

O xoves remata o prazo para nomear aos deportistas da VIII Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca

O xurado da VIII Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca reúnese o 20 de abril para elexir ós mellores deportistas do ano 2006. O máximo galardón, tanto en categoría masculina e feminina, será elexido entre os deportistas nominados por cada unha das federacións galegas.

martes, 10 abr 2007
1176206385logogaladeporte.jpg
O xurado estará presidido pola Concelleira de Deportes, Lucía Molares Pérez, e formado polos voceiros dos grupos politícos da Corporación Municipal, un representante de Caixanova e outro de Faro de Vigo.

A novidade desta edición, segundo as novas bases, é que as Federacións só poderán nomear a deportistas que tivesen participado nun Campionato de España, Europeo ou Mundial ou que fosen internacionais coa selección española. Se estos requisitos non se cumpren o premio queda deserto.

O prazo de presentación de candidatos, por parte das correspondentes Federacións de Deportes Galegas, remata o próximo xoves, día 12 de abril, ás 14.00 horas. Tódolos nomeados polas Federacións recibirán un trofeo como mellor deportista de Vigo e a súa Comarca do ano 2006 na súa disciplina.

Por outra parte, a organización da Gala estipulou como novidade un premio especial, tanto na categoría masculina como na feminina, para o deportista menor de 19 anos, que tivese unha destacada proxección no ano 2006. Tamén, unha mención especial ó deportista veterano, aínda en activo, que sobresaise nos últimos anos.

Como en edicións anteriores, outorgaranse distincións especiais a empresas que destacasen polo seu apoio ó deporte, así como a sociedades, clubs ou dirixentes que traballen ou traballasen de forma desinteresada polo deporte base.

A Gran Gala do Deporte de Vigo e Comarca, patrocinada polo Concello de Vigo, Faro de Vigo e Caixanova, ten como obxectivo premiar a labor e o traballo dos mellores deportistas masculinos e femininos, en función ós éxitos alcanzados ó longo do ano 2006. Os nominados polas correspondentes Federacións deberán ser naturais de Vigo ou a súa comarca ou levar empadronados máis de cinco anos nalgunha das localidades: Baiona, Fornelos de Monte, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño e Soutomaior.

A VIII edición da Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca terá lugar o día 27 de abril de 2007, no Teatro Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova, rúa Policarpo Sanz, 13, ás 20.30 horas.
Descargar todas as imaxes