Docentia 2007 abre as súas portas mañá xoves no IFEVI
Docentia 2007 abre as súas portas mañá xoves ás 10.00 horas no IFEVI coa presenza de máis de 100 institucións públicas e privadas pertencentes aos sectores da Educación, a Formación e o Emprego. O Concello contará cun stand no que se poderá ver unha exposición de obras realizadas na Escola Municipal de Artes e Oficios. A feira será clausurada o sábado.
Estes traballos foron elaborados nos obradoiros de ourivería, luthería, instrumentos musicais tradicionais, cerámica, artes plásticas, repuxado, moda e artes gráficas. No stand do Concello tamén se impartirán charlas sobre o funcionamento da Escola Municipal de Artes e Oficios e dos diferentes obradoiros.
Ademais, os que visiten este stand terán a oportunidade de coñecer de cerca o proceso de construción dun boceto do que podería ser a chave da cidade de Vigo que se está desenvolvendo en ourivería de prata.
Un salón con vistas ao futuro
O obxectivo que desde hai tres edicións pretende conseguir Docentia é mostrar a máis completa oferta e as novidades máis recentes nos campos da educación, a formación e o emprego. Desta forma, os estudantes de diferentes niveis, en especial os universitarios, e os profesionais terán a oportunidade de escoller entre máis de 5.000 titulacións. Por iso o slogan deste ano é "Un salón con vistas ao teu futuro". Nesta edición, ademais, Docentia reforza o nexo de unión entre os ámbitos académico e laboral, para servir de plataforma aos estudantes que se preparan para dar o salto ao mundo do traballo.
O salón contará este ano coa presenza de máis de 100 entidades públicas e privadas, entre as que figuran universidades, centros de formación profesional, institucións públicas, escolas superiores e de posgrao, asociacións, colexios profesionais, centros de ensino de idiomas, institucións relacionadas co emprego e proveedores de material educativo.
Despois do éxito da pasada edición, que contou con máis de 80 expositores e case 6.500 visitantes, en 2007 espérase que visiten a feira máis de 10.000 persoas. Un dato que vén demostrar que Docentia se ten posicionado xa como o máis sobranceiro evento das súas características no Noroeste peninsular e un dos principais de toda España. Actualmente o seu ámbito esténdese desde Galicia ao resto do Estado e ao Norte de Portugal. Nesta ocasión, o Salón permanecerá aberto ao público de 10.00 a 20.00 horas o xoves 12 e o venres 13, e de 11.00 a 14.00 horas o sábado 14. O acceso é gratuíto.
Actividades
Os que se acheguen a Docentia 2007 poderán participar nalgunha das xornadas que se desenvolverán no Salón: sobre innovación na escola e sobre estudos de máster e de postgrao, o xoves; sobre a situación do mercado laboral e a busca de emprego, o venres; e sobre orientación e psicopedagoxía, o sábado.
Tamén se levará a cabo nas mañás do xoves e do venres un ciclo de conferencias patrocinadas polo Centro Español de Dereitos Repográficos (CEDRO), nas que se tratarán temas como os idiomas, os estudos de moda e deseño, as titulacións universitarias, carreiras profesionais, a orientación académica e os dereitos de autor.
Por último, e grazas ao patrocinio da entidade pública empresarial RED.ES, adscrita ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, os estudantes terán á súa disposición unha Zona de Acceso Libre a Internet. Nela poderán gozar de forma gratuíta duns equipos de última xeración e dun horario ininterrompido para navegar libremente pola Rede.
Descargar todas as imaxes