Galiexpotuning no IFEVI
O salón de túning de Vigo, Galiexpotuning, comezou este venres ás 10:00 horas, coa esperanza de converterse, nesta segunda edición, no referente do Noroeste peninsular neste sector en auxe.
Ata as 20:00 horas do domingo 23 sucederanse no IFEVI tres xornadas ininterrompidas de festa, nas que haberá coches rodando sobre dúas rodas, dando reviravoltas controladas e queimando pneumáticos. A este espectáculo sumarase o das incribles acrobacias realizadas por especialistas sobre motocicletas tuneadas. A festa será amenizada por DJ’s e gogós, e contará como novidade con "A noite das meigas", o sábado de 22:00 a 24:00, un espectáculo de luz e son con performances e exhibicións arredor dunha gran queimada.
Outra das novidades desta edicións será a de tunear un coche da rúa, pertencente a algún dos asistentes á exposición, durante os tres días que durará o evento.
En 2005 foron 68.000 os visitantes que recibiu Galiexpotuning nos tres días que permaneceu aberta en Cotogrande, unha cifra que se espera superar con creces este ano. Para iso, a organización potenciou o apartado de expositores, que contará con máis de 100 participantes, así como o de espectáculos e concursos, cos que espera conseguir unha maior participación dos afeccionados.
Galiexpotuning suporá un negocio de arredor de 3 millóns de euros e cóntase con que atraia, como sucedeu o ano pasado, afeccionados de toda España, Portugal e tamén doutros países europeos. A superficie da exposición ampliarase para poder acoller as marcas máis importantes do sector a nivel europeo.
Descargar todas as imaxes