Un espectáculo que roza as nubes
A praia de Samil acollerá este domingo 23 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas, o Festival Aéreo organizado polo Club Aéreo de Vigo en colaboración coa concellería de Cultura. A Patrulla Águila participará como cada ano facendo as delicias do público.
No festival a Patrulla Águila, do Éxercito do Aire,e a patrulla acrobática francesa Reva que actuou en Asia e Europa, mentres en España é a súa primeira vez. Outra das novidades do festival é o grupo de paracaidistas da Papea, calificados como "realmente espectaculares" e os homes páxaro do Grupo Alas, que actualmente poseen innumerables récords de altitude.
No festival participarán o vigués Manuel "Coco" e o valenciano Sergio Pla, dous grandes pilotos do panorama español. Os que se acerquen disfrutarán dunha exhibición de arrastre de veleiro, Harriers da Armada Española, Canadair apagalumes e helicopteros.
A seguridade do evento está coidadamente preparada xa que cumple, segundo os representantes do Club Aéreo, con todos os requisitos de Aviación Civil. O persoal de seguridade estará formado pola Policía Local, Nacional, a Garda Civil, Capitanía Marítima, Protección Civil, Cruz Roja e bombeiros. A área marítima na que se realicen os espectáculos estará restrinxida a navegación no período de duración do festival.
O Concello de Vigo patrocina o festival cuhna cantidade de 25.000 euros, apoiado pola Concellería de Cultura e Alcaldía e organizado polo Club Aéreo de Vigo coa colaboración do Corte Inglés e Coca-cola.
O día 22 de xullo o Club Aéreo de Vigo outorgará dous premios de honor, "Premio Joaquín Loriga" e o "Premio Aviador Piñeiro". O primeiro o recibirá o Grupo 43 do Exército do Aire, pola súa labor na extinción de incendios e o segundo o Grupo Alas polos seus logros no salto de paracaidas e outras azañas.
O acontecemento congregou o ano pasado o redor de 150.000 persoas, nesta edición se espera que a afuencia sexa maior. Quen quera asistir como público e quera obter máis información a atopará en www.clubaereovigo.com
Descargar todas as imaxes