Escoitar
Anuncio Circulación Viaria

Peche de tráfico das rúas María Berdiales e Velázquez Moreno

<br />

venres, 21 xul 2006
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación do pavimento, a partires do día 26 de xullo e ata o día 21 do vindeiro mes de agosto estará pechada ao tráfico a rúa Mª Berdiales entre a Gran Vía e Manuel Nuñez.

As tarefas de carga e descarga realizaranse dende as rúas transversais e só se permitirá ó acceso provisional para residentes durante a execución das obras nos treitos afectados.

Velázquez Moreno

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación do pavimento, o vindeiro día 26 de xullo estará pechada ao tráfico a rúa Velázquez Moreno entre a Ronda de D. Bosco e a rúa Progreso, e o cruce das rúas Progreso e Mª Berdiales co a Ronda de Don Bosco.

Sinalizaranse os accesos alternativos para os aparcamentos e residentes nos treitos afectados.