Escoitar

300 xogadores tomarán Samil a fin de semana no torneo de balonmán praia

O sábado a partir das nove e media da mañá comeza o IX Cidade de Vigo de Balonmán Praia - Memorial Roberto García Fontes nas instalacións de VigoArena, na praia de Samil. Esta é a última proba do tour galego de balonmán praia, que anteriormente tivo como sedes Bueu e Nigrán.

venres, 21 xul 2006
1153488123balonmano.jpg
Nesta edición, o torneo alcanza un record de inscricións con 41 equipos, 13 femininos e 28 masculinos, o que supón uns 300 xogadores que pasarán pola praia de Samil durante a fin de semana.

O torneo rexerase polas regras da Federación Española de Balonmán na seu regulamento de balonmán praia. As normas específicas desta modalidade do balonmán convérteno nun xogo moi dinámico e rápido

O calendario completo do torneo xa está dispoñible na web www.vigoarena.com As finais serán o domingo pola tarde, a feminina ás 19.30 e a masculina ás 20.15, sendo a entrega de trofeos ao termo deste último partido.
Descargar todas as imaxes