Escoitar

A Corporación delimita terreos para uso sanitario e social en Navia

A Corporación Municipal aprobo no pleno celebrado hoxe luns o cambio de uso dotacional no plan parcial de Navia dunha parcela de 4.200 m2 de superficie para equipamento sanitario público e doutra de 6.500 m2 para equipamento social público.

luns, 26 xuñ 2006
1151325065pleno26.jpg
A Corporación acordou solicitar a UNICEF o recoñecemento de Vigo como "Cidade Amiga da Infancia", dado que nos últimos anos a nosa cidade amosou un especial interese no realización de actividades dedicadas á infancia . Tamén acordouse garantir e establecer as liñas de actuación para a elaboración dun Plan Integral da Infancia, que será analizado e avaliado polo Consello Asesor da Infancia do Concello de Vigo.

Aprobouse o nomeamento de novos viais obtidos do planeamento da Finca do Conde cos nomes de rúa dos Agricultores, rúa Miradoiro, rúa das Moreiras e rúa das Lilas.

O pleno tomou coñecemento do escrito de renuncia ó cargo de concelleiro de Miguel Barros Puente, do grupo municipal do PSdeG-PSOE. Acordou tamén nomear á concelleira Lucía Molares como representante dos intereses sociais no Consello Social da Universidade de Vigo, e ao concelleiro Xulio Calviño
como membro do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo.
Descargar todas as imaxes