O Concello presenta unhas Festas do Cristo para todos os gustos
O concelleiro de Festas e Animación Sociocultural, Ignacio López-Chaves, presentou hoxe venres o programa das Festas do Cristo 2006, que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto, e que conta cun orzamento de case 1,5 millóns de euros.
López-Chaves salientou a amplitude deste programa, que permitirá, segundo afirmou, gozar "practicamente durante un mes e medio dunha actividade diaria".
As festas comezarán oficialmente o 24 de xuño, cun concerto na igrexa parroquial de San Xoán Poulo a cargo da banda As Delicias do Caeiro. O primeiro prato forte chegará o 7 de xullo co concerto de El Sueño de Morfeo no Auditorio de Castrelos, que será o punto de inicio dunha serie de actuacións na que tamén participarán Toquinho, Milton Nascimento, Franz Ferdinand, Ana Torroja, Ziggy Marley e Pet Shop Boys, entre outros.
De xeito paralelo iranse desenvolvendo un conxunto de actividades para todos os gustos e idades, como o ciclo de cine ao aire libre "Realidade 2006", o programa infantil de verán "V3: Vigo, verán, valores", o XII Festival Folclórico Internacional e os ciclos de bandas e de corais.
O programa das Festas do Cristo 2006 tamén inclúe a Mostra do Traxe, o IX Maratón Fotográfico, o Verán de Teatro, a Semana de Teatro en Familia, o Titirirrúa e as tradicionais festas gastronómicas: a Festa do Mexillón (16 de xullo), a Festa da Sardiña (29 de xullo) e a Festa do Polbo (13 de agosto).
Descargar todas as imaxes