Escoitar

Festival de jazz "Imaxina Sons"

A programación para o venres do festival de jazz de Vigo "Imaxina Sons" comezará co pasacalles de Mr. Dixie Jazz Band ás 13, 00; 19,00; 21,00 horas. Cuchús Pimentel e Serafín Carballo actuarán no conservatorio ás 21 horas e ás 20 hora o fará no Verbum Jazz Café , Javier Constenla Trío.

xoves, 22 xuñ 2006
1150981543platosazz.jpg
Cuchús Pimentel (guitarra flamenca), Serafín Carballo (guitarra eléctrica)

O Jazz e o Flamenco danse a man no encontro destes dous inquedos guitarristas galegos. Asiduos colaboradores desde 2001, o seu afán non é outro que o de lograr un entendemento entre dous tipos de música dispares sen que o peso das súas respectivas tradicións decante a balanza. A súa aposta é simplemente a da comunicación e o trasvase de ideas dunha beira a outra. Para tal propósito parten dun repertorio no que teñen cabida a partes iguais as composicións orixinais, os standards de jazz e da música popular e a homenaxe a guitarristas soadas de diferentes escolas e épocas (Django Reinhardt, Larry Coryell, Ralph Towner...). Pero a súa mirada non é puramente mimética, senón persoal e creativa, así que todas esas revisiones de clásicos cobran novas luces nas súas interpretacións. Cuchús Pimentel comezou o seu andadura estudando guitarra clásica en Lugo e posteriormente no Conservatorio de Vigo, onde tamén recalou Serafín Carballo quen, anos máis tarde, completaría os seus estudos na prestixiosa escola Berklee College of Music de Boston. Cuchús Pimentel xa se subiu a numerosos escenarios de España, Europa, Marruecos, Xapón e México e, como artista flamenco, colaborou con Tony Maya, Angel Gabarre, Paco do Pozo, Canito... En xuño de 1995 obtén a distinción Demo of the Year da famosa revista norteamericana Guitar Player. Serafín Carballo participou no festival de Jazz de Copenhague e compartiu escenario con Dave Liebman, Jean-François Jenny-Clarke, Jeff Harrington etc.

Javier Constenla Trío

Javier Constenla (piano), Quique Alvarado (baixo eléctrico), Miguel Cabana (batería) O pianista e compositor ourensano Javier Constenla desenvolveu un importante labor como músico e como profesor. Tocou en escenarios de Xapón, Colombia, Venezuela, Portugal... e desde fai 12 anos imparte clases de piano, improvisación e harmonía moderna en diversas escolas galegas. O contrabajista arxentino Quique Alvarado tamén conta cunha ampla experiencia docente e como profesional, acompañando a músicos nacionais e internacionais entre os que cabo destacar a Paquito de Rivera. Pola súa banda, Miguel Cabana é un reputado baterista do panorama galego e compartiu escenario con músicos da talla dos británicos Kenny Wheeler e John Taylor. Tamén colabora con Carmen Rei, Carlos Averhoff Jr. e José Luís Evangelista.

"Mi manera" é o título do primeiro traballo discográfico deste trío e percorre diferentes estilos modernos dentro do ámbito do jazz. A maqueta orixinal foi distinguida pola SGAE cunha Mención Especial no seu I Concurso Concerto Autor.
Descargar todas as imaxes