A Feira da Construción de Galicia SICO 2006 reúne 450 expositores no Ifevi
O VII Salón Internacional da Construción SICO 2006 abriu hoxe mércores as súas portas no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), nun acto ao cal asistiu a alcadesa, Corina Porro. Ata o próximo domingo, 450 expositores e 1.200 firmas de varios países ocuparán un espazo de 15.000 m2 para daren a coñecer as novidades do sector. Espérase a asistencia duns 70.000 visitantes.
Con respecto á edición anterior, SICO 2006 supón un incremento tanto no número de visitantes (70.000 fronte a 58.000) como no de ocupación de espazo (15.000 m2 fronte a 8.400 m2) e no de expositores (450 fronte a 350).
Estas cifras consolidan a SICO como a primera feira da construción do norte peninsular. Importantes firmas nacionais e internacionais ven na cita viguesa o punto de encontro idóneo para encontraren solucións e novidades no tocante a material, enerxía, tecnoloxía, formación e outros aspectos necesarios para manter e mellorar a súa capacidade competitiva dentro dun sector caracterizado polo dinamismo e a constante renovación.
A promotora deste evento é a Asociación de Promotores Inmobiliarios de Pontevedra (APROIN), co apoio de asociacións, colexios profesionais e a administración pública. Entre as entidades que respaldan SICO 2006 están Caixanova, a Consellaría de Vivenda e Solo, IGAPE, INSTAELECTRA, FONCALOR, APROEMA, AGEINCO, ASEMA, ASIME, AGACER, APCMC, AGG, ASEMACO, a Universidade de Vigo, o Colexio de Arquitectos e o Colexio de Enxeñeiros.
A grande acollida desta edición de SICO dentro do sector da construción é consecuencia da progresiva especialización da feira. Con este fin, APROIN eliminou compoñentes de tipo xenérico e potenciou o carácter profesional de SICO. Nesta liña elaborouse o programa das "Xornadas Profesionais", que terán lugar nos tres días dedicados ao salón profesional e que farán fincapié nas enerxías renovables.
Tanto os profesionais como os particulares poderán encontrar en SICO un amplo abano de posibilidades: desde elementos construtivos completamente artesanais, como mosaicos, ata a máis avanzada tecnoloxía adaptada ao sector, como a domótica. Ademais, serán presentadas en exclusiva novidades mundiais que pretenden resolver as demandas dun público e un sector cada vez máis esixente en canto á calidade, eficacia, materiais, innovación, respecto medioambiental e seguridade.
En total, 32 sectores estarán representados en SICO. De entre eles, SICO 2006 prestará especial atención aos sectores das enerxías renovables e da domótica. O Salón da Construción deste ano parte da idea de que a bioconstrucción, a edificación sostible, a eficiencia enerxética, os materiais alternativos e a arquitectura bioclimática son conceptos vixentes no sector da construción dunha sociedade cada vez máis comprometida co medio ambiente.
A outra gran novidade no panorama da construción, non só en España senón tamén a nivel mundial, é a demanda de aplicacións domóticas na vivenda. Nunha sociedade cada vez máis habituada ás novas tecnoloxías, a informática dá un salto desde a oficina ata o fogar para facer a vida máis cómoda. SICO 2006 será o punto de encontro para profesionais do sector e propietarios que queiran aplicar estas innovacións nas súas construcións e fogares.
O sector en España e en Galicia
A construción ocupa un lugar destacado na economía española e galega. En 2005, volveu ser o sector máis emprendedor de España, cun crecemento do 6% da súa produción total. Con este desenvolvemento, o sector atinxe o 17% do PIB. Ademais, durante o pasado exercicio, o sector creou 173.000 novos empregos en todo o Estado. Algo máis de 2,5 millóns de persoas traballan na construción en España. En Galicia, a situación é similar: 14.000 empresas do sector dan emprego a máis de 130.000 traballadores, o que supón un 11% da poboación ocupada da comunidade. A construción representa unha quinta parte do PIB galego, cunha produción de 6,3 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes