Escoitar

Lucía Molares entregará os diplomas dos cursos de corresponsabilidade doméstica

A concelleira de Muller, Lucía Molares, asiste mañá xoves ás 19:30 na Casa das Mulleres (rúa Romil, 20) á entrega de diplomas e clausura dos cursos do programa "Vivir en parella é cousa de 2", organizados pola Concellaría da Muller para homes e mulleres neste primeiro semestre do ano.

mércores, 21 xuñ 2006
Ao acto están convitados/as as 90 persoas que participaron como alumnos/as e o profesorado que impartiu os cinco cursos.

A Campaña "Vivir en parella é cousa de 2" enmárcase nos obxectivos da área 2 "Conciliación: Familia e Corresponsabilidade Doméstica" do III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades das mulleres e homes do Concello de Vigo 2005-2007.

Os obxectivos desta área son, en primeiro lugar, sensibilizar a poboación en xeral sobre a necesidade e beneficios da conciliación da vida persoal, laboral e familiar; e en segundo lugar, promover a adquisición de habilidades, coñecementos e actitudes en homes e mulleres, capacitando para o desenvolvemento de responsabilidades familiares e traballos propios no ámbito doméstico.

Dentro do programa "Vivir en parella é cousa de 2" impartíronse os seguintes cursos:

Como podo entenderte?
Destinatarios/as: Homes e mulleres maiores de 18 anos empadroados/as no
Concello de Vigo. Mixto.
Contido do curso: Tratáronse aspectos importantes da comuniciación, as
emocións, a asertividade e a empatía.
Horario: xoves de 20,00 a 22,00 horas
Inicio: xoves 23 de marzo.
Lugar onde se realizou o curso: Casa das Mulleres

Reparacións domésticas básicas. Introdución á fontanería e electricidade Destinatarias: mulleres maiores de 18 anos empadroadas no Concello de Vigo.
Contido do curso: Introdución ás ferramentas básicas para as repacións domésticas sinxelas: fontanería e electricidade.
Horario: 17,30 a 19,30 horas
Período : 22 e 23 de marzo, 5,6,17,18,26 e 27 de abril 3,4,16,18,24 , 29
e 30 de maio.
Lugar onde se realizou o curso: Casa das Mulleres

Mecánica e electricidade do automóbil
Destinatarias: mulleres maiores de 18 anos empadroadas no Concello de Vigo. Contidos: impartíronse módulos teóricos e prácticos sobre: fundamentos do motor, sistemas eléctricos e de seguridad, solución de averías etc.
Período e horarios: luns e mércores de 18,30 a 20,30.
Inicio mércores 29 de marzo.
Lugar onde se realizou o curso: IES Valentín Paz Andrade

Cociñar para compartir
Destinatarios: homes maiores de 18 anos, sen necesidade de coñecementos previos e empadroados no Concello de Vigo.
Periodo e horarios: Sábados de 9,30 a 13,30. Inicio 25 de marzo.
Lugar onde se realizou o curso: IES Manoel Antonio

O coidado das persoas dependentes
Destinatarios: homes e mulleres maiores de 18 anos empadroados/as no Concello de Vigo.
Contido do curso: Para unha boa atención ás persoas dependentesimpartíronse módulos sobre hixiene, alimentación, mobilización, descanso e sono, seguridade, termoregulación, autoestima etc.
Horario: luns e martes de 20,00 a 22,00 horas.
Inicio o luns 3 de abril.
Lugar onde se realizou o curso: Escola de Enfermería de Povisa.