Escoitar

Fogueiras da noite de San Xoán

O concelleiro de Festas e representantes da Federación de Veciños Eduardo Chao presentaron a relación de fogueiras que se celebrarán na noite de San Xoan en Vigo. Ademais das fogueiras nos diferentes escenarios terá lugar actividades como xogos infantís, actuacións musicais e sardiñadas.

xoves, 22 xuñ 2006
1150980343movevigosanxoan.jpg
Relación de fogueiras:

A.V. San Mamede de Zamáns
CSCR de Beade
A.V. Nautilius de San Andrés de Comesaña
A.V. de Cabral
CRAC de Coruxo
A.V. de Valadares
UVCD de Candeán
A.V.C.D Monte da Mina de Castrelos
A.V. Do Casco Vello
A.V. A Nosa Terra de Alcabre
A.V. Doutro Casás de Bouzas
A.V. San Xurxo de Saiáns en Radio Costeira
A.V. de Navia
A.V. As Fontes de Vilar

Normas para as fogueiras da noite de San Xoán

A fogueira deberá estar finalizada con dous días de antelación a súa queima, para poder levar a cabo a súa revisión.

O volume do material combustible da fogueira non superará os 8 m de diámetro nin os 3 m de altura.

A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados, será como mínimo de 12 metros. Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non haxa almacenados productos inflamables nin zona forestal no redor.

Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, aceites, etc., e en xeral calquera outra substancia que desprenda fumes tóxicos; así mesmo coidarase de non botar ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays) aínda que estean baleiros.

No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público lousados ou asfaltados e pintados, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento e pintura cunha capa de area de 10 cm en toda a superficie da fogueira.

Ao finalizar a fogueira e, antes de abandonar o lugar desta, os/as responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas.

É obrigatoria a presentación dunha póliza de responsabilidade civil cunha cobertura de 150.000,00 €.

En todos os casos as persoas solicitantes serán responsables dos danos que puideran ocasionar a terceiros.
Descargar todas as imaxes