Escoitar

Pleno da Corporación Municipal

Orde do día para a sesión ordinaria que terá lugar o día 26 de xuño de 2006, ás nove horas, no salón de Plenos deste Concello.

venres, 23 xuñ 2006
1.- Acta anterior. (Sesión 24.04.06)

2.- Toma de coñecemento do escrito de renuncia ó cargo de concelleiro de D. Miguel Barros Puente, do grupo municipal do PSdeG-PSOE.

3.- Proposta da Xunta de Voceiros de nomeamento dun representante dos intereses sociais no Consello Social da Universidade de Vigo.

4.- Nomeamento de novo concelleiro como membro do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo.

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE
5.- Plan especial de protección e reforma interior Monte da Guía. Desestimento e Arquivo. Expte. 6116/411.

6.- Cambio de uso dotacional no plan parcial de Navia. Expte. 10075/411.

XESTIÓN MUNICIPAL
7.- Proposta de modificación dos estatutos do organismo autónomo municipal Parque das Ciencias-Vigozoo.

8.- Aprobación inicial do proxecto de Regulamento xeral de subvencións. Expte. 856/321.

SERVICIOS XERAIS
9.- Dar conta de sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 06.10.05, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, RCA núm. 02/4355/02. Demandante Telefónica de España, SAU. Expte. 35168/250.

ASUNTOS SOCIAIS
10.- Proposta de nomeamento de novos viais obtidos do planeamento da Finca do Conde, PEPRI III-02 e PERI III-01, Salgueira, Riobó e Mantelas. Exptes. 277 e 591/234.

11.- Solicitar a UNICEF o recoñecemento de Vigo como "Cidade Amiga da infancia". Expte. 2985/320.

MOCIÓNS
12.- Moción do Grupo municipal do PG instando ó Goberno de España que o tramo Vigo-Pontevedra-Cerdedo-Carballiño-Ourense sexa considerado de igual prioridade que os tramos de alta velocidade con mellor tratamento.

13.- Moción do Grupo municipal do PG relativa a instar ó Goberno de España a que redefina o cadro de persoal da inspección do Porto de Vigo.

14.- Moción do Grupo municipal do BNG instando a creación do Consello Municipal das Migracións.

15.- Moción do Grupo municipal do BNG relativa ó remate da primeira fase de humanización da Travesía de Vigo.

16.- Moción do Grupo municipal do BNG instando a realizar as obras necesarias para habilitar un comedor no CEIP García Barbón.

17.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ó servizo de mantemento e conservación de zonas verdes.

18.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE instando a elaboración e publicidade dun manual cos dereitos e garantías dos contribuíntes.

19.- Moción do Grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á Comisión especial de suxerencias e reclamacións e do Valedor do Cidadán.

20.- Rogos e preguntas.