Escoitar

A alcaldesa demándalle a Política Territorial compromiso con Vigo

A alcaldesa, Corina Porro, manifestou hoxe venres o seu malestar á Consellaría de Política Territorial, a través dunha carta á conselleira na que lembra as obras acordadas entre o Concello e a Xunta para mellorar un conxunto de viais en Vigo. Segundo Corina Porro, a Consellaría desentendeuse dos seus compromisos.

venres, 23 xuñ 2006
1151067939politerri230606.jpg
Mentres tanto, afirmou a alcaldesa, o Concello cumpriu a súa parte, levando a cabo expropiacións por valor de un millón de euros, que correron a cargo do orzamento municipal, para a urbanización das rúas Manuel Álvarez, Gandarón e Severino Cobas. Por iso, dixo Corina Porro, "non se entende a actitude da Consellería de meter os proxectos nunha gaveta, non deixa de ser un engano aos cidadáns".

A alcaldesa fixo estas declaracións despois de se reunir hoxe venres coa delegada provincial da Consellaría, nunha rolda de prensa en que contrapuxo o "ánimo deste Concello" á intención da Xunta de non facer máis investimentos en Vigo que os que afectan a obras da súa exclusiva competencia. Estas obras son as de mellora dos viais das avenidas de Galicia, Castrelos e A Florida e a rúa Ramón Nieto.

Tamén fai mención a alcaldesa na súa carta á ponte do Pontillón, e di que ao non responder a Consellaría á solicitude de execución urxente do proxecto acordado "decidín acometer a devandita obra con cargo a remanentes" do orzamento municipal. Outros acordos incumpridos, segundo Corina Porro, son os referentes aos proxectos para os viais de acceso ao hospital do Meixoeiro e novos viais en Bembrive, as subsanacións na obra de urbanización na antiga estrada de Madrid no seu acceso ao Meixoeiro e a mellora deços viais na conexión do segundo cinto a Zona Franca.

Por todo isto, a alcadesa demandou do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que "comprometa a súa vontade" e interveña para facer realidade a súa propia frase, pronunciada durante unha visita ao Concello e segundo a cal "é a hora de Vigo". Para Corino Porro isto é "de sentido común e respecto institucional".
Descargar todas as imaxes