Escoitar

Samil acollerá o VigoArena 06 do 7 de xullo ao 15 de agosto

A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe venres o programa de deportes de verán VigoArena 06, que terá lugar na praia de Samil. Do 7 de xullo ao 15 de agosto desputaranse neste areal campionatos de 10 modalidades deportivas diferentes.

venres, 23 xuñ 2006
1151069289vigoarea230606.jpg
Estas modalidades inclúen o fútbol-praia, o balonmán-praia, o voley-praia, o foot-voley, o tenis-praia, o baloncesto-praia, o rugby-praia, o triatlón e o acuatlón. Este último consiste nunha proba que inclúe 1,5 kilómetros de carreira, 600 metros de natación e outros 1,5 kilómetros de carreira.

Na edición deste ano sobresae a celebración dunha proba nacional de circuíto de tenis-praia "Super Amena", do que sairán dúas parellas que representarán a Vigo na final, que se desputará en Cataluña. Vigo Arena 06 tamén acollerá a fase final do Circuíto Galego de Balonmán-Praia, o 25 de xullo.

Na edición do ano pasado participaron 2.500 persoas. A Concellaría de Deportes, organizadora do evento, espera que este ano a participación creza, xa que hai máis modalidades deportivas.

VigoArena, que conta con competicións masculinas, femininas e mixtas, estase a converter nun referente turístico de Vigo. Así, en 2005 acudiron deportistas de cidades como León, Madrid, Xixón, Valladolid, Ferrol e A Coruña.
Descargar todas as imaxes