mércores, 28 xuño 2006

Voluntarios limpan a praia de Fontaíña dentro da "Operación Colilla 2006"

A Asociación Fontaíña e a Oficina Municipal de Voluntariado veñen traballando a prol da solución deste problema mediante a organización anual da chamada "Operación Colilla", na que voluntarios da asociación e do Plan Municipal de Voluntariado, nunha xornada de verán, peitean toda a praia recollendo desperdicios artificiais de pequeno tamaño, como pavas, plásticos, papeis e chapas.

Festival Imaxina Sons

mércores, 28 xuñ 2006

Catro convocatorias centran a programación do Festival de Jazz "Imaxina Sons" para o xoves.O pasarrúas a cargo de Mr.Dixie Jazz Band (13.00, 19.00, 21.00 horas) e os oncertos de Michael Riessler Trio (21.00 h)no auditorio municipal; Rabih Abaou-Khalil Group, na praza da Estrela ás 23 horas e de Lucía Martínez Cuarteto no pub Quomo ás 23.50

A alcaldesa recibe ao regatista Mitch Booth

mércores, 28 xuñ 2006

O regatista australiano Mitch Booth foi recibido na sala da alcaldía da cidade de Vigo polo seu titular, Corina Porro. Por espazo de media hora, a alcaldesa compartiu uns entretidos minutos falando co varias veces Campión do Mundo e Olímpico, sobre a regata Rías Baixas, da que é principal patrocinador a concellería de de Turismo.