Escoitar
Normalización Lingüística

Estudantes vigueses participarán no Correlingua co lema "Xogas? En galego gañamos"

Un ano máis está xa en marcha o Correlingua, actividade organizada pola AS-PG, CIG-Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística, xunto cos concellos de Vigo, Pontevedra, Compostela e Lugo e os equipos de normalización lingüística dos centros participantes. Trátase dunha actividade que percorre Galiza cun denominador común que é a dinamización lingüística da mocidade. Este ano o lema é: "Xogas? En galego gañamos".

mércores, 10 mai 2006
1147265016correlingua.jpg
O Correlingua, que xa vai pola súa sexta edición, alcanzou ao longo destes anos unha alta participación dos centros de ensino e do alumnado, así como o apoio de persoeiros e organizacións de todo tipo.

O día 10 de maio comeza en Santiago de Compostela, para rematar o 24 de maio na Coruña. En Vigo a actividade será o día 19. A organización agarda que máis de 30.000 rapaces e rapazas percorran as rúas das vilas e cidades galegas.

Os obxectivos do Correlingua son propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións en prol dela; sensibilizar a sociedade, a través da poboación xuvenil, da importancia da defensa da lingua e asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas, amenas e interdisciplinares.
Descargar todas as imaxes