Escoitar

Os vigueses poden realizar consultas sobre multas de tráfico e liquidacións tributarias na Carpeta do Cidadán

A Carpeta do Cidadán (<a href = 'http://hoxe.vigo.org/'>www.hoxe.vigo.org</a>) incorpora un novo servizo que facilita aos seus usuarios consultar as multas de tráfico pendentes, tramitadas ou xa pagas, así como xerar a carta de pagamento destas.

martes, 9 mai 2006
1147188230carpetacidad.jpg
Este servizo, dispoñible para infraccións con data a partir do ano 2006, permite, facendo uso do Rexistro Telemático do Carpeta do Cidadán, alegar a sanción e identificar o conductor se fose o caso.

Sobre cada multa móstranse os datos da infracción: vehículo infractor, artigo da infración, data, situación, número de reincidencias, importe a pagar, porcentaxe de bonificación, recargos e outros.

Tamén é posible imprimir a carta de pagamento da mesma para facelo efectivo na entidade bancaria.

Este servizo ampliarase posteriomente ofrecendo a posibilidade de pagar as multas desda a propia páxina web, utilizando as pasarelas de pagamento seguro das entidades bancarias de Caixanova e Caixa Galicia.

Liquidacións tributarias

Iníciase tamen un novo servizo na Carpeta do Cidadán para a consulta de liquidacións tributarias (IBI, vehículos, etc.) pendentes de pagamento ou xa pagas. Este servizo ampliarase en breve coa impresión da carta de pagamento das liquidacións, así como o seu pagamento a través de Internet.

Servizos na Carpeta do Cidadán

Coa incorporación destes novos servizos, a carpeta do Cidadán achégase cada vez máis ao obxectivo da administración electrónica integral.

Actualmente os servizos que ofrece a Carpeta do Cidadán son os seguintes:

- Rexistro telemático: Envío de solicitudes e documentación ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou da Xerencia Municipal de Urbanismo, coa mesma validez que se se presentan persoalmente, e coa posibilidade de achegar documentos de texto, imaxes e planos.

- Consulta de expedientes: Consulta da tramitación dos expedientes e documentos do Concello de Vigo e a Xerencia de Urbanismo dos que é titular.


- Información e tramitación Tributaria persoalizada: Consulta, impresión, domiciliación e pagamento de recibos de IBI, IAE, Vehículos, Recollida de lixo e Exaccións Unificadas Industriais. Así como consulta de liquidacións.

- Padrón de habitantes: Consulta dos datos do padrón de habitantes, obtención de volantes e certificados de empadroamento.

- Multas e sancións: Consulta do estado das multas de tráfico emitidas dende o 1 de xaneiro de 2006 e xeración da carta de pagamento. Polo Rexistro Telemático pódese alegar a sanción e identificar o condutor.
Descargar todas as imaxes