As contestacións ás alegacións ao PXOM pódense consultar na páxina web do Concello
A páxina web do Concello, <a href = 'http://hoxe.vigo.org/'>www.hoxe.vigo.org</a> ofrece desde hoxe martes a posibilidade de consultar e descargar os informes de contestación ás alegacións presentadas ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Os interesados deben clicar a palabra "PXOM" no apartado de Urbanismo da páxina do Concello. A partir de aí, baixo o epígrafe de "Avance do novo Plan Xeral" encontrarán o acceso aos informes de contestación.
Para consultar os informes ás alegacións é necesario facer constar os apelidos e o NIF do alegante, no caso de persoas físicas, e o nome e CIF da empresa, no caso de persoas xurídicas. Tanto para unhas como para outras é posible acceder directamente ao informe introducindo o número correspondente á alegación.