Escoitar

Corina Porro colabora coa campaña de recadación de fondos de "Hoy por Mañana"

A asociación "Hoy por Mañana", de pais e amigos de nenos con parálise cerebral, estableceu, dentro da súa campaña de recadación de fondos, un posto na lonxa do Concello, ao que a alcaldesa, Corina Porro, se achegou hoxe venres para ofrecer a súa axuda.

venres, 5 mai 2006
1146835307hoyporman050506.jpg
"Hoy por Mañana" é unha asociación que orienta, informa e asesora os pais e familiares de nenos con parálise cerebral. Entre os seus obxectivos están os de promocionar o desenvolvemento integral dos nenos afectados e remover os obstáculos que dificulten a súa integración. Así mesmo, a asociación leva a cabo accións de sensibilización e concienciación da sociedade en xeral.

Para conseguir estes obxectivos, "Hoy por Mañana" conta cun centro de atención temperá, onde un equipo de profesionais realiza unha valoración do neno e da súa situación desde cada área (hai un psicólogo, un traballador social, un profesor, un estimulador, un logopeda e un fisioterapeuta).
Descargar todas as imaxes