Escoitar
Anuncio: Muller

Obradoiro sobre valoración da identidade e da autoestima na muller

A concellería da Muller en colaboración coa Asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo abre o prazo de inscrición para o curso , de carácter gratuito, "Obradoiro: valoración da identidade e da autoestima na muller"

venres, 5 mai 2006
Destinatarias: Mulleres maiores de 18 anos, empadroadas no Concello de Vigo. Terán preferencia as mulleres que non realizaran o curso a través do Concello nos últimos cinco anos. Prazas limitadas.

Obxectivos:
-Coñecer a construcción e a evolución da identidade psicosexual.
-Reflexionar sobre a influencia das crenzas e dos modelos na imaxe e na estima persoal.
-Descubrir e valorar os recursos internos.

Contidos:
-Desenvolveránse dentro dun encadre referencial teórico que abordará os seguintes temas:
-Desenvolvemento evolutivo do proceso de identidade.
-Mandatos, crenzas, estereotipos, modelos de identificación, roles.
-Condicionantes internos: auto esixencias, idealizacións, medos, culpas.
-Niveis de conciencia mental, emocional, corporal e social.Contradiccións.
-Integración saudable da identidade como requisito da autoestima: saber valorarse adecuadamente.

A exposición do temario instrumentarase con técnicas que operativicen o aprendizaxe e realizaranse exercicios vivenciais con dinámicas de grupo que permitan a elaboración na toma de conciencia da valoración persoal.

O desenvolvemento do programa constará de 15 h destribuidas en 5 obradoiros de 3 h de duración cada ún.

Datas, días 29 (luns) e 31 de maio (mércores) e 1 (xoves), 5 (luns) e 8 (xoves) de xuño
Horario, de 18,30 a 21,30 h

Inscriccións: Departamento da Muller.1ª planta Casa do Concello.Praza do Rei,s/n, dende o día 5 ao 24 de maio de 2006 (ambos incluidos). Telefono 986/810284.

Lugar de realización: Centro Cívico Casco Vello (rúa Oliva, 12).