Escoitar

O alcalde reúnese coa nova directiva do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos

O alcalde reuniuse este mércores con representantes da nova xunta de goberno da delegación territorial do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de Galicia. Caballero trasladou á decana e ao vicedecano, Beatriz Spuch e Juan Andrés Pérez, o apoio do Concello de Vigo para organizar as próximas xornadas sobre a situación do sector.

mércores, 18 feb 2026
Descargar todas as imaxes