Escoitar

Vigo celebra esta tarde o concurso de disfraces do Entroido e traslada a queima do Meco ao sábado

Hoxe celébrase o tradicional concurso de disfraces no edificio do Concello, con premios nas diferentes categorías. Ademais, se as condicións meteorolóxicas o permiten, a animación de rúa e os merdeiros sairán á zona de Príncipe para encher o centro de música, cor e ambiente festivo.

martes, 17 feb 2026

O venres 20 de febreiro ás 21:00 horas, a Orquesta París de Noia ofrecerá un concerto en Porta do Sol. A queima do Meco trasládase ao sábado 21 de febreiro debido ás previsións climatolóxicas.

Programación para o sábado 21 de febrero:

18:00 h – Espectáculo de lume a cargo de “A Saco Circo”.
19:00 h – Queima do Meco.
20:00 h – Exequias funerarias e desfile–enterro do Meco, con percorrido por Porta do Sol, Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e regreso a Porta do Sol.
21:00 h – Lectura dos premios do desfile de comparsas.

Descargar todas as imaxes