Escoitar

O servizo de Teleasistencia municipal atendeu a 911 persoas no mes de xaneiro

O alcalde que cualifica a prestación do servizo de “excepcional” fixo balance do mes de xaneiro no que se realizaron 5.483 chamadas e se rexistraron 4.194 alarmas.

martes, 17 feb 2026

Durante o mes de xaneiro, o servizo de Teleasistencia do Concello atendeu a 911 persoas usuarias, realizou 5.483 chamadas e rexistrou 4.194 alarmas.

Tal e como explicou Abel Caballero, do total de chamadas realizadas, 4.339 foron para coñecer o estado das persoas usuarias. Amais, en xaneiro prestáronse outros servizos como a disposición de 15 comidas de aniversario, 11 servizos de podoloxía e 6 de salón de peiteado. En canto ás 4.194 alarmas rexistradas, 258 por emerxencia, 1.024 por avisos de comprobación do funcionamento do sistema, para comunicar cambios ou novos datos ou para solicitar información. Tamén se produciron 351 chamadas de axenda, para felicitar aniversarios, para falar con persoas ingresadas no hospital...

O 91% das persoas usuarias da Teleasistencia do Concello son mulleres de entre 86 e 90 anos “que poden vivir soas pero que precisan do servizo para ter seguridade ante emerxencias”, explicou o rexedor que engadiu que esta prestación municipal é “excepcional e completamente gratuíta, que dá tranquilidade a tantas persoas que viven soas”.

Descargar todas as imaxes