Escoitar

O Goberno local facilitou 1.128 pernoctas en xaneiro no albergue municipal

O albergue municipal de Vigo atendeu en xaneiro a 115 persoas facilitando 1.128 pernoctas e rexistrou unha ocupación do 97 por cento, segundo detallou este mércores Abel Caballero, ao avanzar que na reunión desta semana a comisión de axudas de emerxencia aprobou 105 apoios por valor de 33.000 euros.

mércores, 18 feb 2026

Abel Caballero lembrou hoxe que Vigo é a única cidade de Galicia que conta cun albergue municipal para facilitar os recursos necesarios ás persoas sen teito. “Cidades gobernadas polo PP e polo BNG en Galicia non teñen albergue”, recalcou. O Concello destina 1.200.000 euros para garantir a decenas de persoas que poidan durmir baixo teito.

O alcalde destacou o traballo da área de Política Social en programas como as axudas de emerxencia que só esta semana atendeu ás necesidades de 115 persoas, das que 40 foron para alimentación por 12.515 euros; 27 para alugueiro por 13.723 euros, que son outros tantos “desafiuzamentos que evitamos”; 14 para aloxamentos 4.858 euros; 23 subministracións de auga, luz e gas por 1.326 euros.

Desde xaneiro o Concello aprobou 434 axudas por 125.000 euros, segundo apuntou o alcalde ao indicar que en 2025 o Concello, en Política Social, atendeu a 8.870 persoas.

Descargar todas as imaxes