Escoitar

Presentación do novo Carné Celtista

O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, e o presidente do R.C. Celta de Vigo, Horacio Gómez, presentaron unha nova tarxeta denominada Carné Celtista. No reverso do carné inclúese o logotipo de Verbum-Casa das Palabras de Vigo.

mércores, 21 mai 2003
O carné está dirixido a todolos accionistas e abonados do club, ós membros colaboradores da Fundación Celta de Vigo e a tódalas persoas que sintan simpatía polo equipo de fútbol.

O Carné Celtista ofrece novos servicios e vantaxes como entrada gratuíta para dous partidos do Real Club Celta; entrada gratuíta nos partidos amistosos que disfrute o Celta no estadio da Balaídos; descontos e promocións especiais nas tendas do club e empresas colaboradoras; acceso gratuíto ó Museo do Real Club Celta e aos partidos do Celta B.

O Carné Celtista emitirase con carácter anual e o seu prezo será de 36 euros anuais.

Máis información