Preparada a derradeira fase de remodelación de Velázquez Moreno e Eduardo Iglesias
Lois Castrillo presentou a nova cara da rúa Progreso
O alcalde de Vigo anunciou o próximo comezo das obras de remodelación das rúas Eduardo Iglesias e Velázquez Moreno, nos treitos que rodean o mercado do Progreso. O alcalde asinará o mércores 21 de maio os decretos nos que se adxudican estas obras para que poidan principiar este mesmo verán. Como se fixo noutras rúas do contorno, vaise colocar un pavimento de pedra e arborado. Reservaranse zonas de carga e descarga para darlle servicio ao mercado.
Castrillo presentou o novo aspecto da rúa Progreso, que foi totalmente remodelada. A rúa dispón agora de pavimento de pedra, árbores e novo mobiliario urbano. Tamén se renovaron os servicios de saneamento e instaláronse conducción de cable e gas. A obra executouse en duas fases e tivo un presuposto total de 420.000 euros.
O alcalde subliñou o profundo cambio que está a experimentar o nucleo central da cidade coas obras de humanización impulsadas polo goberno municipal. Rematada a reforma das rúas do contorno do MARCO, agora vanse extender obras de transformación semellantes a outros puntos do centro da cidade como os arredores da Alameda de Compostela. Segundo o alcalde, o obxectivo de todos estes proxectos é aumentar os espacios peonais no centro da cidade para conseguir deste xeito potenciar as actividades comerciais e ofrecerlle aos vigueses máis lugares para o paseo e o lecer.