Preparada a derradeira fase de remodelación de Velázquez Moreno e Eduardo Iglesias
Lois Castrillo presentou a nova cara da rúa Progreso
Lois Castrillo presentou a nova cara da rúa Progreso
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, presentou a memoria de actuacións do seu departamento executadas nos últimos catro anos. A concelleira sobranceou o incremento do orzamento neste período aumentando un 37,94%, malia a considerar o presuposto insuficiente para un departamento que traballa coas persoas que teñen maiores dificultades.
O concelleiro de Tráfico, Seguridade e Transporte fixo balance dos catro anos de xestión nos que sinalou o incremento do cadro de persoal da Policía, a modernización dos sistemas de comunicacións, a dotación de medios aos Bombeiros e Protección civil, a creación de zonas peonais e as melloras introducidas no transporte público.
A Concellería de Festas e as promotoras Articket e Medio Festival presentaron o IV Festival Latino Internacional "Para Vigo me voy" que se celebrará do 28 de xullo ó 1 de agosto no auditorio de Castrelos.
O alcalde, Lois Castrillo, asinou a acta de constitución da Axencia local da enerxía, promovida polo Concello e conformada por entidades públicas e privadas, co fin de potenciar a eficiencia enerxética e a promoción das enerxías alternativas que favorecerán o desenvolvemento sostible da cidade.
A concelleira Mariló Cabaleiro entrégalles os diplomas aos asistentes aos cursos do Plan de Formación para ONLs o martes 20 de maio ás 19:30 no Centro Cívico de Teis.
Abondancia de imaxes da ponte de Rande e dos Cabalos da praza de España, pero tamén continuas referencias á animación das rúas e centros comerciais da cidade, caracterizaron os traballos presentados ao concurso "Turismo na Escola. O Vigo do que presumo", nas súas modalidades de debuxo e de redacción.
O campamento de verán organizado pola Concellería de Deportes, en colaboración coa Fundación VIDE, que se desenvolverá en Muíños, no Parque Natural do Xurés, amosará distintas tarefas da cultura tradicional. Así, os nenos asistentes coñecerán de preto labores agrícolas-gandeiros e afondarán na historia de Galicia, a través das pedras da Vía romana XVIII que unía as vilas de Braga e Astorga, ao seu paso pola Baixa Limia. Ademais, os rapaces practicarán deportes como o piragüismo, a bicicleta de montaña ou a pesca con cana acompañados de monitores.