O festival latino internacional "Para Vigo me voy" chega á cuarta edición
A Concellería de Festas e as promotoras Articket e Medio Festival presentaron o IV Festival Latino Internacional "Para Vigo me voy" que se celebrará do 28 de xullo ó 1 de agosto no auditorio de Castrelos.
Este ano o festival comezará cun concerto de presentación a cargo de Caetano Veloso o día 2 de xullo, para continuar co seu programa a partir do 28 de xullo. Nesta cuarta edición o festival fai unha aposta por elevar a calidade da súa programación, tentando reunir unha mostra de propostas artísticas procedentes de ámbolos dous lados do Océano Atlántico que resulte atractiva para tódolos públicos.
A proposta cubana vén este ano da man de Eliades Ochoa e do Cuarteto Patria o día 28 de xullo, representando a Buena Vista Social Club de Compay Segundo e compañía.
A segunda proposta brasileira ademais da de Caetano Veloso é co Trío Mocotó e Chico César o día 29 de xullo, unha aposta pola samba rork e pop máis enérxico do Brasil.
Os dous días restantes teñen de protagonistas a dúas mostras do panorama máis actual da música española e internacional coas actuacións de La Cabra Mecánica o 30 de xullo e de Juanes o 1 de agosto como peche do festival.
Prezos das entradas
Mércores 2 de xullo-CAETANO VELOSO
12.-€ anticipada, 15.-€ taquilla, con asento.
Luns 28 de xullo-ELÍADES OCHOA E O CUARTETO PATRIA-LOS DE ABAJO
5.-€ anticipada, 8.-€ taquilla, sen asento.
Martes 29 de xullo-CHICO CÉSAR E TRÍO MOCOTÓ

Mércores 30 de xullo-LA CABRA MECÁNICA
10.-€ anticipada, 12.-€ taquilla, sen asento.
Venres 1 de agosto-JUANES

Festival Latino Internacional "Para Vigo me voy"
O festival nacía no verán do 2000 converténdose no referente das festas do verán en Vigo. Un ano máis volve cos mesmos obxectivos que o viron nacer, a difusión da música latina. O auditorio de Castrelos acolle o festival, tal como o fixo dende a primeira edición. Polo seu escenario pasaron artístas da talla de Company Segundo, Ruben Blades, Elian Elías, Paquito D`Ribera, Orishas, os Van-Van, Pablo Milanés, Gilberto Gil, Daniela Mercury, Víctor Manuel e Ana Belén, Amaral ou Juan Perro.